venres, 19 de xuño de 2026

Pechado por ...

 ... VACACIÓNS!










E SEN DARNOS CONTA CHEGAMOS AO DERRADEIRO DÍA.

MARCHAMOS CHEOS DE BOS MOMENTOS E DE MOITAS GANAS DE DESCANSAR.

NESTE DÍA DESPEDIMOS AO NOSO DIRECTOR LUPI E AGARDAMOS QUE GOCE DO SEU NOVO DESTINO TANTO COMO GOZOU CON NÓS AO LONGO DESTES ANOS.

VÉMONOS CARGADOS DE ILUSIÓN E GANAS EN SETEMBRO.

BO VERÁN :)

mércores, 17 de xuño de 2026

Rematamos os nosos ...

 


... mércores da froita!
































Hoxe queremos recoñecer o compromiso e a participación dos nosos nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria na actividade “Mércores da Froita”.

Ao longo de todo o curso escolar, cada mércores, o noso alumnado trouxo froita para merendar a media mañá convertendo este sinxelo xesto nun hábito saudable que contribúe ao seu benestar e á adquisición de estilos de vida máis sans. Esta iniciativa non só fomentou unha alimentación equilibrada, senón que tamén serviu para concienciar sobre a importancia de coidar a saúde desde idades temperás.

Queremos felicitar aos nosos nenos e nenas, verdadeiros protagonistas deste proxecto. Co seu entusiasmo e constancia demostraron que os pequenos hábitos poden xerar grandes resultados. Por este motivo, facemos entrega dun diploma por aula como recoñecemento á súa participación en “Mércores da Froita”, agradecendo o seu esforzo e animándoos a continuar practicando hábitos saudables dentro e fóra da escola.
Parabéns a todos e todas, e moitas grazas pola vosa colaboración! 👏🍎🍌🍐🍊🍓

domingo, 17 de maio de 2026

17 maio...

LETRAS GALEGAS








 

“Mil primaveras máis para o galego” 🌸🏵️🤍💙

Iso berramos con forza no noso acto para reivindicar e festexar as Letras Galegas de 2026 adicadas á gran Begoña Caamaño 👩🏼‍🏫📝📚📰.

 

Coa inestimable axuda de @uxia_moran que se achegou ao cole para dedicarnos unha verbas en prol do galego.

Rematamos un ano máis cantando a viva voz o noso himno “Os Pinos” 🔊🎤 🎵

Viva o GALEGO! Viva GALICIA!

Vémonos nas Letras Galegas 2027! 🤍💙


mércores, 25 de marzo de 2026

Na semana da lingua ...

 ... PATIOS POPULARES!








Ao longo desta semana os nosos patios convertéronse nun lugar de encontro cos xogos populares e tradicionais. 
Que ben o pasamos! XD

venres, 20 de marzo de 2026

Na semana da lingua ...

 ... contacontos co Club Tragalibros!






📚 O venres disfrutamos dunha tarde de contos chea de maxia ✨

Grazas ao Club Tragalibros da ESO, mergullámonos en historias que fixeron voar a imaxinación 💫


luns, 23 de febreiro de 2026

A nosa Rosalía

 
ROSALÍA DE CASTRO











Esta luns 23 de febreiro conmemoramos en Salesianos o 189º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da literatura galega e símbolo da nosa identidade cultural.